Arquivo da categoría: novas

INS3RTEGA solidaria

Seguindo o noso compromiso social e apostando pola reutilización, en INS3RTEGA proporcionamos roupa aos servicios de asistencia social de 3 concellos: Cambre, Culleredo e Carral. O ano pasado entregáronse 1.800 prendas a máis de 120 persoas.

Día Mundial do Medio Ambiente 2018

Onte, 5 de xuño, foi o Día Mundial do Medio Ambiente, un evento global liderado pola ONU desde 1972.

O tema deste ano fai un chamamento á poboación de todo o mundo en favor dun planeta sen contaminación por plásticos.

Segundo a ONU, “a celebración deste día pretende facernos conscientes de que nós mesmos podemos cambiar hábitos no noso día a día para reducir a pesada carga da contaminación dos plásticos na nosa natureza, na vida silvestre e sobre a nosa propia saúde.”

Todavía estás a tempo de celebralo. Estes días celébranse eventos en todo o mundo.

Aquí en Galicia, na Illa de Ons, no Parque Natural das Illas Atlánticas, hai un evento ao que todavía podes asistir:

http://aproema.com/dma/index.html

Da nova vida aos libros

Insertega invítate a reutilizar participando no punto de intercambio de libros que poñemos á vosa disposición na tenda Revístete da rúa dos Mallos. Podedes deixar libros que xa non necesitades para intercambialos por outros que se atopen alí.