Os nosos procesos orientados á industria facilitan a adaptación dos sistemas de produción e vólvenos máis respectuosos co medio ambiente.

Servicios orientados a empresas

Xestión de residuos

Creamos plans adaptados ás necesidades de cada empresa para a recollida de residuo téxtil e para a reutilización e xeración de valor engadido.

Tamén ofrecemos un servizo de xestión de pezas con certificado de destrución. Co residuo obtido da devandita destrución procedemos á creación de hilaturas para a confección.

Uniformidade

Facemos unha xestión integral de uniformes e roupa de traballo, desde a simple recollida de roupa de desfeito até a elaboración de novos uniformes ou téxtiles de uso industrial. Temos capacidade para realizar uniformes que incorporen unha parte do residuo que se xera no a xestión dos antigos.

Trazabilidade

Integramos sistemas de blockchain para que as empresas poidan  redefinir os seus sectores a través da confianza, a transparencia e a nova colaboración.

 

 

Xestión sustentable do residuo téxtil

A actividade desenvolvida por INS3RTEGA RECYCLING promove a economía circular reutilizando o residuo téxtil para a obtención de subproducto téxtil. Isto reflíctese nun impacto ambiental positivo e está aliñado co marco estratéxico rexional, nacional e europeo, que prioriza os sectores, retos e necesidades sociais, ambientais e industriais para os próximos anos.

Obxectivos

  • Diminuír a cantidade de residuo que se incinera nos vertedoiros e, como conscuencia, limitar as emisións de efecto invernadoiro á atmosfera.
  • Contribuír a modificar o modelo de economía lineal no sector téxtil cara a un modelo de economía circular, reincorporando o residuo téxtil como materia prima.
  • Reducir a pegada de carbono das empresas do sector téxtil.
  • Creación de emprego para persoas en risco de exclusión social.

Política de calidade

Obtivemos os certificados de xestión de calidade (ISO 9001) e de xestión ambiental (ISO 14001).

Segundo a Comisión Europea, por cada quilo de roupa reutilizado ou reciclado (sen ser destinado á incineración) evítase a emisión á atmosfera de 3,17 kg de CO2.

A xestión sustentable de INSERTEGA RECYCLING evita a emisión de 350 toneladas de CO2 á amósfera.