Social e medioambientalmente responsables

O noso principal obxectivo, como empresa social, é a creación de postos de traballo. Buscamos a integración no mundo laboral de persoas procedentes de sectores en risco de exclusión social.

É o noso compromiso empresarial prioritario a reinversión dos beneficios obtidos en labores sociais e programas de axuda.

Centro especial de emprego

Cumplindo un dos nosos anhelos desde que fundamos esta empresa, inscribímola no Rexistro de Centros Especiais de Emprego, co nº de rexistro 157-GZ. Para elo cumprimos tódolos requisitos de dito rexistro, entre eles contar entre o persoal con máis dun 70% de traballadores con discapacidade.

Cremos imprescindible a reinversión de outra parte dos beneficios en medios técnicos e, sobre todo, humanos que permitan que a empresa sexa autosuficiente, xerando os recursos que manteñan a súa actividade.

Buscamos difundir a reciclaje e a sostenibilidade entre os novos, a través de entidades públicas e organizacións que se presten a colaborar. Neste sentido temos en proxecto actividades de formación en coordinación con centros educativos, programas de inserción laboral e programas de concienciación social.

Política de calidade

Obtivemos os certificados de xestión de calidade (ISO 9001) e de xestión ambiental (ISO 14001).

iniciativa social emprendedora de reciclaxe téxtil de Galicia